Dende a organización do III Rallysprint Concello de Silleda, queremos informar de que nos chegou constancia de que algúns participantes están a realizar adestramentos non autorizados nos treitos da proba. Lémbrase que está totalmente prohibido adestrar fóra dos recoñecementos oficiais establecidos no regulamento. Estamos recibindo queixas por parte de veciños da zona, que amosan a súa preocupación polas altas velocidades de certos vehículos en tramos con presenza de vivendas. Ante esta situación, os treitos estarán baixo vixilancia, e no caso de detectar a algún equipo inscrito realizando adestramentos, rexistrarase a infracción e aplicaranse as sancións correspondentes segundo o regulamento vixente. Apelamos á responsabilidade de todos os participantes, así como ao respecto polas normas e polos veciños das zonas afectadas. A organización
 back to event