Dende a organización do II Rallysprint Concello de Silleda queremos advertir a tódolos participantes que temos constancia de que algúns pilotos están a realizar adestramentos non autorizados nos treitos da proba.
Lembramos que non está permitido adestrar fóra dos recoñecementos oficiais establecidos no regulamento.
Nas últimas xornadas recibimos numerosas queixas e chamadas de veciños da zona, preocupados polo perigo que supoñen as altas velocidades que alcanzan algúns vehículos transitando polas zonas habitadas, polo que advertimos que os treitos van a estar vixiados, e se se detecta a algún equipo inscrito que estea adestrando, tomarase nota da infracción e aplicaranse as sancións correspondentes segundo o regulamento vixente.
Pedimos responsabilidade a todos os participantes e respecto pola normativa e polos veciños das zonas afectadas.
A organización.